top of page

¡Descobre os nosos obradoiros de nadal!

Este Nadal mergúllate nun mundo de robótica, Minecraft e videoxogos cos nosos obradoiros pensados ​​para espertar o interese tecnolóxico dos cativos.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Para que teñades unha mellor experiencia ofrecemos unha serie de servizos que vos axudarán na conciliación e a pasalo mellor se cabe.

Mañana perezosa

Madrugadores

Opción de entrada as 9 da maña (por 5€ día)

Frutas Coloridas

Comida a media maña

No tempo de descanso de mañan ofrecemos a opción de comida para o menor (unha peza de froita de tempada e bebida zume / auga) por 2 euros día.

Mira Primer plano

Ampliación de saída

Opción de saída as 15h con servizo de taper de balde.

Cambio de obradoiro

O 23 e 24 de xaneiro para todos aqueles menores nos que o traballo con Lego Wedo lles veña pequeno hai a opción de cambiar a Mindstorms (por 10€ máis)

descanso

Xornada continua

Os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro ofrecemos servizo continuo con servizo de taper de balde (por 10€ día)

Valoración global

Tras a finalización do obradoiro mandaremos unha pequena valoración personalizada das actividades realizadas polo menor xunto con unha serie de fotografías para todos os que así destes permiso para facelas.

juguetes|muñecos
"¡Fue súper chulo! Hice un robot y también mi propio juego, que luego pude jugar con mis amigos. No se sentía como una clase, ¡era como estar en una misión divertida! Ya quiero volver."

— Lucas, 10 años.

- Alumn*s e irmans -

10% de desconto

Obradoiros por data

Robótica e Programación con Lego WeDo
23 o 24 de decembro
Robótica Avanzada con Mindstorms
26 o 27 de decembro I edición 2 o 3 de xaneiro II edición
Minecraft Mods e Personalización
26 o 27 de decembro
Creación de Videoxogos Básicos
30 o 31 de decembro
Introducción a la IA para Videojuegos y +
2 o 3 de xaneiro

Paquetes promocionais

*

Todos os obradoiros

Por só 195€, os menores poderán mergullarse no mundo da robótica, videoxogos, intelixencia artificial e moito máis, desfrutando dunha experiencia educativa completa e inesquecible.

Ademais, aprenderán novas habilidades, desenvolverán a súa creatividade e farán amizades nun ambiente divertido e seguro. Reserva agora e dálle aos teus fillos un Nadal cheo de innovación e aprendizaxe.

*

Obradoiros do 26 e 27 de decembro

Unha combinación única de creatividade dixital e enxeñería robótica. Aprende a personalizar Minecraft con mods e a programar robots para resolver retos e competir. Dous días de aprendizaxe práctica e diversión asegurada.

*

Obradoiros do 2 o 3 de xaneiro

Une a tecnoloxía avanzada coa innovación. Aprende a programar robots para superar retos e descobre ferramentas de intelixencia artificial útiles para crear, aprender e xogar. Unha experiencia educativa e práctica única.

Exploradores Dixitais de Nadal: Aprender Divertíndose!

Estas festas de Nadal, ofrece aos teus fillos unha experiencia única para aprender e divertirse ao mesmo tempo cos nosos obradoiros especializados en tecnoloxía, deseño e programación.
 

📚 Por que escoller os nosos obradoiros?
Cada actividade está deseñada para combinar aprendizaxe e entretemento, fomentando habilidades fundamentais para o futuro:

  • Creatividade e resolución de problemas.

  • Pensamento crítico e computacional.

  • Traballo en equipo e adaptación a novas tecnoloxías.

👩‍🔬

Obradoiros dispoñibles:

  1. Robótica con Lego WeDo: Perfecto para iniciarse na construción e programación de robots, adaptado a idades máis novas.

  2. Minecraft Mods: Unha oportunidade para transformar este xogo nunha ferramenta educativa e creativa, aprendendo deseño e personalización.

  3. Robótica Avanzada con Mindstorms: Para os que queren ir máis alá, construíndo robots e superando retos personalizados.

  4. Creación de Videoxogos: Desde técnicas básicas ata introducirse no 3D, ideal para aprender programación de forma práctica.

  5. Introdución á Intelixencia Artificial: Explorando ferramentas que lles axuden tanto no xogo como nos estudos, dende a creación de xogos ata edición de vídeo.

🎯 A quen está dirixido?
A nenos e mozos de 6 a 18 anos, con actividades adaptadas ao nivel e intereses de cada participante.

💡 O que fai especial esta experiencia:

  • Material didáctico de alta calidade.

  • Un equipo de profesionais con experiencia en educación e tecnoloxía.

  • Flexibilidade para que os participantes poidan explorar o que máis lles apaixona.

  • A oportunidade de levar o aprendido á casa, para seguir creando e compartindo.

🎁 Reserva xa e agasalla coñecemento!

Non deixes pasar a oportunidade de que os teus fillos se formen de maneira innovadora mentres se divirten. Este Nadal, prepáranos para o futuro dun xeito único e emocionante.

 

📍 Lugar: Darío Durán Gómez 16, entreplanta, Vigo (AA40ESTUDO).
📆 Prazas limitadas. Inscricións abertas ata esgotar dispoñibilidade.

Preguntas máis frecuentes

Comunícate connosco

¡Os teus datos foron enviados con éxito!

  • b-facebook
bottom of page