Rúa Doctor Dario Durán Gómez, 16, entreplanta
Vigo (Pontevedra)
Mo: 622 874 434
Centro de formación

DEICA PRONTO
Os campamentos de verán finalizaron, pronto abriremos as portas para os campamentos de nadal... Atentos!!!

ACTIVIDADES
No campamento tecnolóxico de verán, cada semana é unha aventura única. Combinamos robótica, programación e deseño 3D con ferramentas adaptadas a todas as idades.
-
Robótica creativa: Desde montar robots básicos con Lego Wedo / Mindstorms ata programar sensores avanzados con Arduino.
-
Videoxogos e Minecraft: Crea mods personalizados, aprende lóxica con Scratch e domina o deseño 3D con blockbench.
-
Novidades tecnolóxicas 2025: Introdución á intelixencia artificial, plugins de ánimación para Minecraft, integración con arduino, simulación de circuítos...
Antes de comezar, valoramos o nivel de cada participante para formar grupos homoxéneos onde todos aprendan o seu ritmo.
-
Aprendizaxe personalizada: Grupos reducidos (máx. 10 alumnos) e profesores con experiencia en educación infantil / xuvenil.
-
Tecnoloxía punteira: Lego Mindstorms, Unity, Minecraft Education e kits de Arduino / micro : bit.
-
Traballo en equipo: Retos cooperativos para desenvolver habilidades sociais e creativas.
-
Fléxibilidade horaria: Servizo de gardaría desde as 8h e actividades opcionais ata as 15h.
DESCONTOS
Vai asistir varias semanas??
Aforrate ata máis de 700 euros cos nosos descontos por fidelidade.
1 / Irmáns
10€ por semana, por irmán e sucesivos.
2 / Asistencia extraescolares
10€ por semana para alumnos/as que asistisen a clases ou extraescolares durante máis de 6 meses entre o curso 23/24 e 24/25 (non contan campamentos)
3 / Asistencia obradoiros de nadal 24/25
10€ por semana para aqueles que asistisen ó menos a dous obradoiros en este último nadal.
4 / Asistencia campamento verán 2024
10€ por semana asistida no campamento de verán do curso pasado, ata un máximo de 30 euros por semana de desconto por este concepto.
Non se contabilizarán aquelas semanas nas que o menor asistiu de forma invitada ou con algún outro tipo de desconto extraordinario.
5 / Alumnos novos
10€ por semana a partir da segunda semana contratada.
6 / Contratación mensual
Aqueles que contraten 4 semanas de campamento terán a opción de realizar unha quinta semana co 50% de desconto en base a tarifa que lle toque abonar.
As semanas poden ser consecutivas ou soltas, a quinta semana queda suxeita a dispoñibilidade de prazas libres.
7 / Contratación bimensual
Aqueles que contraten 8 semanas de campamento terán a opción de realizar unha novena semana gratis.
As semanas poden ser consecutivas ou soltas, a novena semana queda suxeita a dispoñibilidade de prazas libres.
8 / Pronto pago
Todos aqueles que realicen o pago do campamento antes do 30 de maio, terán un 10% de desconto extra sobre os servizos contratados.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

“A miña filla aprendeu máis aquí que en meses de extraescolares"
"O meu fillo volveu a recuperar o interés polas actividades tecnolóxicas"
“Foi a nosa primeira experiencia e todos os días saía emocionado falando de si iba a crear unha dimensión ou un robot que controlaba co mando da play...”
Preguntas frecuentes

PARADAS DE BUS CERCANAS
-
AV. CASTELAO 1 (8 minutos andando)
10,11,15A,C3I -
AV. CASTELAO 21 (6 minutos andando)
10,11,N1,12A,C3I,15A,4A,4C,5B -
AV. CASTELAO 25 (5 minutos andando)
10,11,N1,12A,15A,4A,4C -
AV CASTELAO 41(7 minutos andando)
10,11,N1,12A,15A,4A,4C -
AV. FLORIDA 47 (4 minutos andando)
11,29,5A -
AV. FLORIDA 69 (1 minuto andando)
11,29,5A -
AV. FLORIDA 117 (5 minutos andando)
11, 29, 5A -
AV. FRAGOSO 3 (9 minutos andando)
7,17,12B,N4 -
AV. FRAGOSO 12 (9 minutos andando)
A,23,N4 -
AV. FRAGOSO 21 (8 minutos andando)
7,17,12B,N4 -
AV FRAGOSO 36 (7 minutos andando)
A,23,N4 -
AV. FRAGOSO 47 (7 minutos andando)
7,17,12B,N4 -
AV. FRAGOSO 86 (8 minutos andando)
11,16,23,2F,3A -
AV. CASTRELOS PAVILLON (9 minutos andando)
A,16,23,27,H2 -
AV. CASTRELOS 13 (9 minutos andando)
A,16,23,27,H2 -
AV. CASTRELOS 16 (10 minutos andando)
7,17,27,H2,12B
Datos quitados da paxina de Vitrasa, comprobar dispoñibilidade, as distancias son calculadas con google Maps.
Estamos a 9 minutos andando dende o estadio de Balaídos, ou a praza América, polo que practicamente calquer linea de autobus urbano ten un punto a menos de 9 minutos do noso centro e mesmo tocamos varios tramos inter-urbanos que veñen de Pontevedra ou Baiona.
A academia está rodeada de servizos e instalacións de primeiro nivel que aportan comodidade e calidade de vida para as familias, se xusto ó lado temos a área recreativa da miñoca, andando un pouco chegamos ó parque de Castrelos, o maior pulmón verde de Vigo con máis de 24 ha de xardíns históricos, estanques, auditorio o aire libre e zona de xogos infantis, polo verán acolle concertos infantiles que reúnen a miles de persoas, en el está o Pazo Quiñones de León, museo e centro de exposicións que este 2025 celebra o centenario da súa doazón con cine de verán, visitas teatralizadas e xornadas de xardiñería, resaltando o patrimonio cultural.
Para practicar deporte está cerca o Pabellón polideportivo de Coia e aínda máis cerca 4600 metros cadrados das instalacións de máis que auga, piscina, fitnes, pilates, sauna... Centros de saúde e ben estar cercanos (Senso Bello, Fisioterapia Sergio, Espacio Dharma...)
Centros comerciais como Alcampo (valorado como o máis económico de todo España pola OCU), Mercadona e máis comercios de proximidade panaderías, froiterías, farmacias... e unha excelente conectividade a pouco máis de 20 metros da porta temos unha parada de bus con máis de 10 liñas urbanas e unha interurbana, con frecuencias dende a primeira hora ata servizo nocturno.