top of page

As actividades de STEM son unhas das disciplinas máis completas, abarcando directamente tres áreas: mecánica, electrónica e programación no caso de robótica.


Pero de forma transversal tócanse outras áreas como matemáticas, física, informática, linguaxe ou coñecemento do medio entre outras.

Como beneficios podemos indicar:

  •  Introduce as nenas e nenos os conceptos básicos de electrónica e mecánica.

  • Achega aos menores ó mundo da programación.

  • Pasan de ser usuarios da tecnoloxía a comprender como funciona e incluso a ter capacidades de reproducir as súas propias ideas.

  • Mellora a psicomotricidade fina dos menores, así como a intelixencia física-
    kinestésica.

  • Mellora a intelixencia lóxico-matemática.

  • Mellora a capacidade de atención e concentración.

  • Mellora a intelixencia lingüística.

  • Mellora a intelixencia interpersoal, traballo en equipo.

  • Mellora a intelixenciaa intrapersoal, liderazgo.

  • Mellora a intelixencia emocional, enfrentarse a frustración.

Acompañamos ó teu fillo para que aprenda a usar a tecnoloxía de forma responsable e descubra ferramentas como a programación e deseño de videoxogos ou a robótica.

Axudarémoslle a identificar as súas fortalezas, estimular a súa creatividade e orientar os seus intereses e talentos cara a profesións do futuro.

Sexas pai ou educador, se queres converter os nosos cursos e talleres en actividades extraescolares para o teu centro escolar, confía en AA40ESTUDO. Só tes que contactar connosco, contarnos que tes en mente e os nosos profesores e equipo directivo estarán encantados de asesorarche e facer compatibles nosas actividades cos contidos e horarios do teu centro educativo.
 

Conta connosco para que os nenos e nenas do teu colexio aprendan de forma diferente coa axuda da robótica, a tecnoloxía e a programación. Faremos unha proposta especi?fica ao responsable de área, totalmente adaptada ás vosas necesidades.

bottom of page