top of page
Construyendo un robot

ROBÓTICA

Poderás gozar tanto no noso centro como no teu cole ou outro lugar desta actividade

aa40estudo é un centro de formación diferente que ao longo do tempo ha ir e segue en permanente evolución, adaptándonos ás novas necesidades formativas da zona.

Comezamos a nosa andaina en 2014 impartindo actividades extraescolares en diversos colexios impartindo informática, robótica, inglés, técnicas de estudo, manualidades... tan só un ano máis tarde abrimos un centro na Estrada onde impartiamos estas materias xunto a idiomas e materias de reforzo educativo.

A pesar de que desde o ano 2020 non puidemos ir aos colexios non paramos de traballar, ofrecemos atención personalizada chegando case ao 100% de aprobados, agora tamén damos materias de reforzo en inglés para alumnos de colexios bilingües, ampliamos os niveis impartidos de robótica, o que empezou como unha parte de robótica e partes lúdicas en campamentos de verán dedicada á programación de videoxogos expandiuse a diversas actividades individuais, realizamos nosas propias videoconsolas, facemos mods para Minecraft...

Chegamos a un publico máis técnico que solicita reforzo en áreas de informática, programación, sistemas, bases de datos ou electrónica onde temos o 100% na actualidade.

Cada día é unha nova oportunidade para aprender, non esperes que sexa tarde, connosco terás a oportunidade de formarche para ese posto de traballo, ese ascenso ou que os teus fillos aprendan e leven ben o curso.

Como vimos a tecnoloxía será parte indispensable das nosas vidas e tamén podemos axudarche niso, consúltanos sen compromiso e se queres que vaiamos ao teu cole ou asociación ponte en contacto connosco.

Doctor Darío Durán Gómez, 16, entreplanta, 36209 Vigo (PO)

aa40estudo@gmail.com

Mo: 622-874-434

Mo: 699-130-534

bottom of page