top of page
< Back

Creación de Videoxogos Básicos

Os días 30 e 31 de decembro, de 10h a 14h, ofrecemos un obradoiro dirixido a futuros creadores e creadoras de videoxogos onde aprenderán a programar desde cero en Scratch. Introducirémonos no pensamento computacional e traballaremos conceptos clave como bucles, variables e funcións, explorando técnicas que rara vez se ven no colexio, como a creación de fondos continuos, efectos parallax, e a simulación de gravidade.

Ademais, faremos unha introdución ao desenvolvemento de videoxogos en 3D, onde cada participante poderá deseñar unha personaxe única para logo exportala a plataformas de desenvolvemento avanzadas como Unity ou Unreal Engine. Este obradoiro é ideal para espertar o seu enxeño e introducirse no mundo da programación de forma práctica e entretida.

Anímate a que os máis pequenos da casa descubran como é crear os seus propios xogos e desenvolvan habilidades dixitais que serán fundamentais no seu futuro.

Creación de Videoxogos Básicos

45€

bottom of page