top of page
Foto del escritortaibo abelenda

Botámonos a andar

No mes de outubro empezamos a nosa nova singradura cargados de enerxía nova para facer crecer este proxecto.

O noso obxectivo é crecer contigo, paso a paso, aprenderemos coñecementos técnicos co uso de novas tecnoloxías pero tamén queremos conservar as nosas raíces e aprender a como se fixeron as cousas para saber moldear o noso futuro.

Queremos ver o mundo cos ollos dun neno, xogar en igualdade, mancharnos de pintura, empaparnos de coñecemento, manexar a tecnoloxía e gozar da natureza.

Nós xa demos o primeiro paso, agora só faltas ti para que podamos emprender este camiño xuntos.

13 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page