top of page

CAMPAMENTO verán 2023 vigo

summer robotics camp with lego wedo mindstorms (1).png

Abrimos o prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos en Vigo, do 3 de xullo ó 1 de setembro repartidos en nove semanas.

 

O horario será de 10 a 13 horas ampliable según necesidades entrada as 9 horas saída as 14 horas.

O cronograma definitivo da actividade non o realizamos ata uns días antes ou que o grupo estea pechado para adaptar as actividades ao nivel dos asistentes onde os menores que teñan menos nivel lles resulte alcanzable e que siga sendo un reto para aqueles menores que contan con máis experiencia.

A estrutura será similar aos anteriores, haberá unha parte de programación de videoxogos con Scratch ou Gdevelop, unha parte de robótica con Lego Wedo e Lego Mindstorms, unha parte para traballar con Minecraft, traballar deseño 3D e outros complementos que poden ir pasar por experimentos, manualidades electrónicas, uso de teléfonos móbiles ou programación con Unity, todo dependerá dos coñecementos previos do grupo.

O prezo é de 100 euros por semana e alumno salvo as semanas 4 e 7 que será de 85 euros por haber un festivo, o aumento de entrada e saída supon un aumento:
 

  • Entrada as 9 e saída as 14 horas +40 euros por semana e alumno.

  • Entrada as 9 e saída as 13 horas +20 euros por semana e alumno.

  • Entradas as 10 e saída as 14 horas +20 euros por semana e alumno.

Durante ese tempo extra realizaránse actividades paralelas o campamento relacionadas coa programación e a tecnoloxía, tamén caba a opción de extendr as actividades do campamento esa semana se a maioría opta por ese horario ampliado.

 

DESCONTOS

Existen unha serie de descontos non acumulables:

  • - 20 euros por irmán e semana (o primeiro irmán paga a cota completa)

  • - 10% por ser alumno (tanto na academia como en outras actividades en anpas ou coles realizadas pola empresa, para ser considerado alumno ten que ter asistido a algunha actividade nos dous cursos anteriores)

  • - 10% en segunda semana e sucesivas (aplicarase sobre a semana ou conxunto de semanas co prezo menor)

BONO AMIGO

10 euros extra de desconto por cada amigo que traias e 10 euros para cada un deles, o desconto é sobre o prezo total independentemente do número de semanas que se apunte cada un, a persoa que traias NON pudo ser alumna durante os dous cursos anteriores.

DATAS DE MATRICULA E PRAZOS

A matricula estará aberta ata o 23 de xuño, o 26 de xuño comunicarase a disposición de praza, cancelaranse aquelas semanas que non se chegue o mínimo requerido invitando a aqueles que se atopen en dita semana a cambiar de datas.

Publicarase unha lista coas semanas que saen adiante e as prazas que queden libres seguiranse ofertando para a súa ocupación por outros usuarios que non teñan formalizado reserva antes do 23 de xuño.

POLÍTICA DE COBROS E DEVOLUCIÓNS

O pago do campamento realizarase ben por transferencia bancaria ou tamén en metálico na propia academia como máis tardar o primeiro día de campamento.

Como política de devolucións a empresa únicamente devolverá os importes pagados nos seguintes casos: previo aviso de non poder asistir antes do 23 de xuño ou que non se realice campamento nas fechas escollidas e non sexa compatible entre o cliente e a empresa realizar o campamento en outras datas distintas as ofertadas.

 

Se un ou varios asistentes o campamento non asisten por causas alleas a empresa e non se comunicou nada antes do 23 de xuño non se devolverá importe algún.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

https://forms.gle/MTYUYax2mvJEMevw7 para calquera dúbida podedes contactar connosco vía telefónica no 622 874 434 (José Antonio profesor da actividade), 699 130 534 (Ana, coordinadora do campamento) ou no correo electrónico aa40estudo@gmail.com

bottom of page