top of page
  • Foto del escritortaibo abelenda

Hour of code

Desde aa40estudo queremos brindarche a oportunidade de que poidas achegarche ao mundo da programación e a robótica de xeito gratuíto.

Por este motivo participamos no proxecto "Hour of code", pero... Que é iso de "Hour of code"?

 

Hour of code é un proxecto onde participan e colaboran distintas empresas e personalidades tanto do mundo da informática como de calquera outro campo, así podemos ver entre outros a Bill gates creador de Microsoft, Mark Mark Zuckerberg creador de Facebook, e outra xente famosa ben polo mundo do espectáculo ou do deporte entre outros.

O obxectivo deste proxecto é facer chegar a programación ao maior público infantil e xuvenil rompendo todo tipo de estereotipos.

Mira, son unha cantante profesional, un xogador de baloncesto pero de cando en vez ter uns coñecementos de programación axúdanme na miña profesión rendibilizando o meu tempo ou dándome a capacidade de ver outros obxectivos.

Por que toda esta xente está a tentar que as mozas e mozos aprendan programación?

A resposta aínda que pareza incrible é que no mundo laboral a nivel mundial existe máis demanda de programadores profesionais que a oferta existente e as cousas non pintan ben para o sector no futuro, pois se calcula que a demanda será cada vez máis crecente pero a produción de programadores será a mesma ou mesmo menor. Para saldar a necesidade de profesionais de EE.UU ao ritmo actual non chegará aínda que vaian todos os programadores da India, país que xera unha cantidade incrible de programadores profesionais. O mesmo sucede en España, unha profesión que a penas coñece o que é a palabra "paro" e que en moitos casos se es bo programador/a as empresas fíchante antes de que termines os estudos. Desde aa40estudo ademais desta experiencia de programación imos un paso máis e ofrecémosche tamén robótica para que teñas un contacto tamén coa electrónica e a mecánica.Se estás interesado, hablalo no teu colexio e que se comuniquen connosco, logo se vos gustou a experiencia poderedes organizar unha actividade extraescolar ao longo do curso.


21 visualizaciones0 comentarios
bottom of page