top of page

Xogos e actividades recreativas

Trátanse actividades vinculadas ao desenvolvemento motor, social-afectivo, sensorial e potenciador da creatividade, favorecendo experiencias dirixidas a estimular a capacidade intelectual e o desenvolvemento persoal íntegro dos menores.

 

Esta actividade desenvólvese seguindo un cronograma por trimestre. Parte dun cronograma trimestral inicial no que se recollen un conxunto de diferentes actividades creativas e motivadoras planificadas de antemán. Nos seguintes cronogramas trimestrais cabe a posibilidade de seren configurados atendendo a preferencia e gustos dos propios participantes e dos seus pais. 

XogosAct

• Iniciación  á informática. 

Esta actividade pretende ser un achegamento por primeira vez ao mundo da informática. Introducimos a informática como xogo, mediante tarefas como colorear, recoñecer as partes do corpo, conceptos de grande e pequeno entre outras coa finalidade de que o neno adquira as destrezas básicas no manexo do rato e empece a recoñecer conceptos como dvd, disco duro, internet, impresora, programa ou arquivo entre outros conceptos.

Informatica

• Animación á lectura. 

O que perseguimos mediante esta actividade é despertar a imaxinación e a fantasía nos menores, para que descubran que a lectura de contos, historias, fábulas, novelas, poemas, é un pracer. 

ALG

Taller de Artes plásticas. 

O debuxo, o modelado con plastilina e/ou barro, o recorte e pegado de figuras de tea ou papel, son actividades gozosas e cun gran valor didáctico nesta etapa infantil. Con este taller propoñemos traballar diversas técnicas que poden desenvolver creativamente os  menores participantes: o rasgado, o recortado, a pintura dactilar, nocións de cores, secuencia de trazados, imprimir sobre vidro, imprimir con varios obxectos, decoración, troquelado... 

artesG

Inglés.

Traballaremos en paralelo o inglés cos propios contidos da etapa de educación infantil dunha maneira lúdica e estimulante: xogos, memories, flashcards ou actividades para pintar. 

InglesG

 Teatro

A actividade pretende empregar o teatro escolar coma unha estratexia pedagóxica, lúdica, motivadora, transversal e multidisciplinar, na cal o alumnado participa nun grupo común que lles pertence e que fomenta hábitos de conducta que potencian a socialización, a tolerancia e a cooperación. Potenciase así a creatividade, a responsabilidade, a vivencia dramática e persoal, o traballo en equipo, e o autocoñecemento e a autoestima.

TeatroG
bottom of page